Pomba de brancas anzas 
se ollas ó pé das augas 
á mái belida fada 
										
esa é a miña amada. 
Pomba que voas leda 
se ves na banda da ría 
á máis belida frol 
esa é a miña amiga. 
E miña amiga, 
coma as core s da mañá 
feiticeira e garimosa, 
coma unha noite de vran. 
E miña amiga, 
vimbro de xunca lanzal 
arrecendente froliña, 
aloumiño do luar . 
Que non brile máis a lúa 
nin luceiro da mañá 
se miña amiga 
perto de min non está. 
Que sequen todas as fontes 
e quede sin auga o mar 
se miña amiga 
perto de min non está. 
Ehi vái ,véla que ben vái 
miña amiga pola ría, 
camiño de seu casal . 
Os seus cabelos son loiros 
coma as areias do mar 
e as estreliñas rebrilan, 
no medio do seu ollar. 
Anduriña,anduriña, 
se viras cabo da ría 
á máis xentil e benfeita, 
a millor ,a máis belida: 
¡ esa é miña amiga! 
¡ esa é miña amiga!
(Gracias a Inés por esta letra)